Pleno 5 de marzo
Novas
20200305_100227

Respostas sobre a declaración do cárcere como BIC, a ordenanza do galego e o soar de Adelaida Muro

O Goberno Local non tramitou a catalogación do cárcere como BIC (aínda que unha moción do BNG votada polo PSOE o mandataba a facelo), a próxima semana abrirá conversas cos distintos grupos municipais para avanzar na elaboración da Ordenanza do Galego e hai por volta dun mes presentou un dossier ao Ministerio de Defensa reclamando a devolución do soar de Adelaida Muro.

 

Ler novas
Novas
Entrada de urxencias do CHUAC

Na ampliación do CHUAC non queremos fórmulas de xestión privada como no Álvaro Cunqueiro

O portavoz do BNG en María Pita Francisco Jorquera vai defender no pleno deste xoves 5M unha moción para instar a Xunta de Galiza a que se garanta a titularidade pública do denominado novo CHUAC –en realidade unha ampliación do hospital xa existente-, de xeito que se desboten fórmulas de xestión privada escondidas baixo o eufemismo da “colaboración público-privada” como as postas en práctica pola Xunta no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Ler novas