Novas
Presentamos na Coruña "Mellor Local, Mellor Galego" e anunciamos unha nova lei que aposta polo pequeno comercio
04/xan./2022
O pequeno e mediano comercio vertebra a cidade, anima a vida dos barrios, aumenta a sensación de seguridade e cría lazos comunitarios. É por iso que o BNG o defende, como se puxo de manifesto este martes durante a presentación da campaña Mellor Local, Mellor Galego. Aposta polo Noso feita nun local dos Mallos, La Revolución de los Graneles, por parte da nosa parlamentar Mercedes Queixas e do noso responsábel local David Soto.