#pazparatodosospobos
Novas
A nosa concelleira Avia Veira diante do campamento improvisado nos Xardíns de Méndez Núñez

Participamos da iniciativa Acampa

Queremos trasladar os nosos parabéns para cos organizadores desta iniciativa que pretendeu dar visibilidade á situación que se vive de cotiá nun campo de persoas refuxiadas

O compromiso do BNG para coas persoas refuxiadas levounos a denunciar xa en máis dunha ocasión o trato inhumano e deleznábel das autoridades europeas nestes anos para con elas. Tal e como fixo a nosa portavoz en Europa Ana Miranda en febreiro de 2016 cando visitou o campamento de Calais onde se amoreaban máis de 5.000 persoas refuxiadas a 3 horas de París, e mesmo aquí na Coruña cando solicitamos retirar a bandeira da UE dos edificios oficiais pola súa política para coas persoas refuxiadas

Ler novas