participacion-cidada
Novas
Unha ateigada carpa durante as festas de 2017 no barrio de Novo Mesoiro

Sen novas do que se pretende facer coas festas deste ano nos barrios

Preguntamos ao Goberno Municipal sobre o retraso na convocatoria de axudas ás entidades veciñais para a organización das festas dos barrios

O 15 de marzo do ano pasado foi a data límite para a presentación dos proxectos das entidades, co agravante de que a resolución definitiva de aprobación de proxecto non foi publicada até principios de maio, o que obrigou a moitas das entidades a ter que improvisar e apurar o desenvolvemento das súas festas, minguando a capacidade de planificación, desenvolvemento e realización das mesmas

Ler novas
Novas
Imaxe exterior dun dos edificios de titularidade municipal que hoxe en día e empregado para usos referidos a ensino e educación e onde ten a súa sede a Federación de Anpas da Coruña

Cando se poderán comezar a solicitar o uso de locais municipais?

Preguntamos sobre os procedementos que o Goberno municipal indicou que se elaborarían para o acceso aos usos dos locais municipais

Despois de se anunciar no Pleno do 9 de xaneiro que o inventario de locais municipais xa estaba concluído, preguntamos se son necesarios oito meses para proceder a elaborar uns procedementos para que a veciñanza, entidades, asociacións, grupos e mesmo particulares poidan solicitar de xeito regulado a utilización de dependencias municipais

Tamén cremos necesario saber en que medida afectarán estes procedementos aos usos que hoxe en día xa se están facendo por entidades e asociacións dalgúns espazos municipais e se estas entidades terán que se adaptar a eses procedementos novos ou se manterán os convenios, de houber, asinados con anterioridade

Ler novas
Novas
Un dos momentos do "proceso participativo" que se celebrou no Centro Cívico de Novo Mesoiro

Cando se dará conta o Goberno municipal que o que chama "procesos participativos" non son democracia real?

Demandamos do Goberno municipal que deixe xa de organizar actividades prescindíbeis, con non se sabe que obxectivos a acadar, e comece a actuar nos barrios de vez

O novo proceso participativo aberto onte no Centro Cívico de Novo Mesoiro para a “articulación dos servizos culturais municipais” é ridículo e instamos ao Executivo local a deixar de enguedellar á veciñanza

Doutra volta, e igual que cando se abriu o proceso dos distritos que se nos presentará a semana que vén despois de ter comezado hai xa un ano e medio, puxo á veciñanza dos barrios de Feans, Mesoiro e Novo Mesoiro a cubrir papeis e explicarlle que se «abren espazos para compartir ideas e proxectos», máis iso non se lle pode chamar participación. Cando entenderá este Goberno que a reforma do ROPC e a garantía de establecer estruturas nos barrios con capacidade de decisión si dará lugar a verdadeiros procesos participativos e implicará a implantación dunha democracia real?

Volvemos reclamarlle ao Goberno municipal que afronte dunha vez as reformas do Regulamento de Participación e do Regulamento Orgánico

Ler novas