Que está facendo o Goberno municipal cos orzamentos de 2017?
Non entendemos que case pasadas xa 3 semanas desde o remate do prazo para a presentación das emendas de carácter técnico aínda non exista unha previsión de temporalización para a súa aprobación definitiva
Tamén estamos agardando a que se nos comunique que prazos manexa o Executivo local para incorporar a nosa alegación, para cando quere realizar o modificativo de crédito onde se garantan os investimentos que foron aceptados no proceso de negociación e os prazos para executalos. Se finalmente son aprobados nunha data moi similar a do ano pasado, o 23 de maio, queremos garantía de que as achegas pactadas nese proceso sexan incorporadas de xeito inmediato