Novas
O Goberno Local volve incumprir o Acordo de Investidura: todo apunta a que prorrogará os orzamentos
24/nov./2022
O BNG ten plena disposición a establecer un diálogo co Goberno Local sobre o proxecto de orzamentos do Concello para 2023, manifestou hoxe o portavoz nacionalista Francisco Jorquera no curso do debate organizado por Ascega. Esa plena disposición non se ve correspondida por un Goberno Local que ás alturas en que estamos, a piques de concluír o mes de novembro, non moveu un dedo para contar co BNG nunha hipotética negociación orzamentaria.