O goberno perde a última oportunidade de apoio ás contas 2019
Outro ano máis no BNG coñecemos os investimentos dos orzamentos municipais a través dos medios de comunicación.
Outro ano máis no BNG coñecemos os investimentos dos orzamentos municipais a través dos medios de comunicación.
Solicitamos por escrito o proxecto de orzamentos e o Goberno local contestounos que “o expediente administrativo do Orzamento Xeral do Concello para 2019 atópase na fase de elaboración dos diferentes estados que forman parte do mesmo, non existindo documentación con carácter definitivo que poida ser trasladada”
Non ter os orzamentos elaborados e rematados a tempo para comezar coas negociacións, supón poñer en risco os investimentos de 2019 -en rúas, en instalacións municipais, nos Mercados Municipais, nos CEIP etc-, deixar no aire os convenios coas entidades para o vindeiro ano, comprometendo os servizos que ofrecen estas e que son fundamentais entre outras para posibilitar a conciliación da vida familiar e laboral ou para soster servizos a persoas con diversidade funcional ou con discapacidade