ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2019

A Marea Atlántica incomparece á hora de Gobernar a cidade da Coruña por renunciar de facto a elaborar, negociar e sacar adiante os orzamentos de 2019

Momento da intervención de Avia no último Pleno preguntando polos orzamentos municipais para 2019
Momento da intervención de Avia no último Pleno de decembro preguntando polos orzamentos municipais para 2019

Solicitamos por escrito o proxecto de orzamentos e o Goberno local contestounos que “o expediente administrativo do Orzamento Xeral do Concello para 2019 atópase na fase de elaboración dos diferentes estados que forman parte do mesmo, non existindo documentación con carácter definitivo que poida ser trasladada”

Non ter os orzamentos elaborados e rematados a tempo para comezar coas negociacións, supón poñer en risco os investimentos de 2019 -en rúas, en instalacións municipais, nos Mercados Municipais, nos CEIP etc-, deixar no aire os convenios coas entidades para o vindeiro ano, comprometendo os servizos que ofrecen estas e que son fundamentais entre outras para posibilitar a conciliación da vida familiar e laboral ou para soster servizos a persoas con diversidade funcional ou con discapacidade

A Marea Atlántica incomparece á hora de Gobernar a cidade da Coruña por renunciar de facto a elaborar, negociar e sacar adiante os orzamentos de 2019

A Marea Atlántica incomparece á hora de Gobernar a cidade da Coruña por renunciar de facto a elaborar, negociar e sacar adiante os orzamentos de 2019.

E é que o Goberno local da Marea Atlántica contestou ao escrito de petición do proxecto de orzamento para 2019 que rexistramos sinalando que “o expediente administrativo do Orzamento Xeral do Concello para 2019 atópase na fase de elaboración dos diferentes estados que forman parte do mesmo, non existindo documentación con carácter definitivo que poida ser trasladada”.

De feito, xa preguntaramos no pleno de setembro a respecto do estado das contas de 2019 ao que a concelleira de Facenda contestou que no mes de agosto se enviaran as circulares para a elaboración dos orzamentos en cada un dos servizos municipais e que na cidade de Pontevedra non estaban nin en elaboración.

A falta de concreción do Goberno Local volveuse a plasmar outra vez diante doutra pregunta da nosa concelleira Avia Veira que no último pleno volveu preguntar polos prazos que manexaba o Goberno Local de entrega aos grupos da oposición do documento e para a súa aprobación.

Entendemos que é unha irresponsabilidade por parte da Marea Atlántica non ter xa un proxecto de orzamentos que facer público sobre todo cando lle levamos advertindo desde a tramitación do orzamento de 2016 que este proceso debe iniciarse con tempo abondo para telo aprobado e entrar en vigor en xaneiro.

O contrario, non ter os orzamentos elaborados e rematados a tempo para comezar coas negociacións, supón poñer en risco os investimentos de 2019 -en rúas, en instalacións municipais, nos Mercados Municipais, nos CEIP etc.-, deixar no aire os convenios coas entidades para o vindeiro ano, comprometendo os servizos que ofrecen estas e que son fundamentais entre outras para posibilitar a conciliación da vida familiar e laboral ou para soster servizos a persoas con diversidade funcional ou con discapacidade.

A Coruña, 14 de decembro de 2018.

A Marea Atlántica incomparece á hora de Gobernar a cidade da Coruña por renunciar de facto a elaborar, negociar e sacar adiante os orzamentos de 2019