Novas
Parabéns ás mariscadoras da Ría do Burgo: a loita dá froitos
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, a deputada no Parlamento Galego, Mercedes Queixas, e o portavoz municipal do Bloque na Coruña, Francisco Jorquera, trasladaron ás mariscadores e mariscadoras da Ría do Burgo a satisfacción do Bloque por que a súa loita desde hai 14 anos dea os seus froitos: a ría vai ser dragada e o colectivo vai cobrar as compensacións polo cesamento da súa actividade mentres duren as obras. “É un exemplo de loita ambiental e económica para outros casos de rías que aínda non están saneadas”, destacou Ana Miranda.