Novas
O BNG propón que o logotipo sexa "Concello da Coruña", prescindindo da tradución ao castelán
28/xul./2021
O logotipo do Concello da Coruña, de acordo co seu manual de imaxe corporativa, usa unha dobre forma –“Concello da Coruña. Ayuntamiento de A Coruña”-, o que constitúe unha excepción nos municipios galegos e contrasta tamén coa práctica da Xunta de Galiza, que non traduce os seus distintivos ao castelán.