Novas
O BNG pide garantías de igualdade para os equipos femininos nos convenios do Concello cos clubs de hóckey
14/mar./2022
O grupo municipal do BNG insta o Goberno Local a que, dando cumprimento a unha moción nacionalista aprobada polo Pleno en decembro pasado, nos convenios de colaboración do Concello cos clubs de hóckey da cidade se contemplen garantías que aseguren a igualdade de condicións entre os equipos masculinos e femininos.