Novas
Vai o Goberno Local reclamar as cantidades retidas indebidamente pola Fundación Legado Piñeiro Pose?
19/nov./2021
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, rexistrou unha batería de preguntas por escrito en relación ao legado de Manuel Piñeiro Pose, o propietario da coñecida como Casa Escariz que, ao facer testamento en 1938, dispuxo que boa parte das súas rendas fosen para financiar o naquela altura existente Hospital Municipal.