Novas
Aínda a finais de 2021 a Xunta vía inactiva a Fundación Piñeiro Pose cando xa tiña un patrimonio de 39 millóns
01/dec./2022
A Fundación Legado Manuel Piñeiro Pose xestiona a Casa Escariz, o inmóbel do ensanche coruñés cuxa titularidade se disputan o Concello e os testamenteiros do filántropo. Unha cuestión que para o BNG non admite dúbida: a vontade de Manuel Piñeiro Pose era que a Casa Escariz pasase a facer parte do patrimonio municipal.