Fronte marítima
Novas
<p>Conferencia de prensa posición BNG Coruña Marítima. Jorquera, 28 de xaneiro de 2025.</p>

O BNG fixará a súa posición final sobre a fronte marítima segundo como se resolvan asuntos como a titularidade dos espazos ou a débeda do porto

A posición final que vaia adoptar o BNG en relación a todo o proceso de conformación da nova fronte marítima da Coruña dependerá de como se vaian resolvendo asuntos clave como o do mantemento da titularidade pública dos espazos portuarios, a condonación da débeda ou articulación dunha solución análoga e o financiamento do proceso de urbanización e transformación dos peiraos.
Ler novas
Novas
20250124_111515

Coruña Marítima: o BNG ve luces e sombras, mais abstense ante as contradicións sobre a titularidade dos peiraos e a hipotética venda de activos

O BNG abstívose hoxe na votación do esquema de licitación e as bases para a elaboración dos pregos que rexirán a contratación da redacción do Máster Plan para a transformación do porto interior da Coruña, asunto que se someteu a debate na comisión Coruña Marítima, órgano no que participa o portavoz da formación nacionalista no Concello, Francisco Jorquera.
Ler novas