A situación da Estación de Autobuses poderíase ter evitado
Lembramos que foi o propio Goberno da Marea Atlántica quen desestimou unha das nosas emendas aos orzamentos municipais 2018 para a reparación do pavimento da Estación de Autobuses
Presentaramos a proposta dunha partida de 100.000 euros despois de recoller as queixas de varias persoas usuarias que a aquela altura xa tiñan indicado o estado do deterioro de varias plataformas da estación
Cada día que pasa se evidencia máis que as nosas propostas estaban debidamente xustificadas. Agora o investimento para a reparación superará olgadamente a reparación, cando nós faciamos unha proposta para que isto non chegara a acontecer. Lamentamos profundamente o trastorno que se vai a producir tantos ás usuarias e aos usuarios da Estación como aos profesionaisdo transporte público mentres permanezan pechadas as plataformas dos buses