Novas
O goberno do cambio galego liderado por Ana Pontón rescatará a sanidade pública do desmantelamento e da privatización
20/xan./2024
O BNG realizou esta mañá, no Centro Cívico da Cidade Vella, un Encontro Público baixo o rótulo de A Sanidade Pública. Galega e de Calidade, coa participación de María Seijo, presidenta da Xunta de Persoal da Área Sanitaria da Coruña; e Iria Carreira e Mercedes Queixas, números 6 e 2 da candidatura do BNG ao Parlamento galego pola circunscrición coruñesa, respectivamente.