Novas
Impulsaremos desde o Goberno Local un Plan de Inclusión Social para reducir as desigualdades
29/abr./2023
Unha das primeiras medidas que adoptará o BNG, a partir do próximo 28 de maio desde o Goberno Local, será a redacción dun Plan de Inclusión Social, anunciouno a concelleira e número 2 da candidatura do Bloque, Avia Veira, nun encontro con activistas e colectivos do terceiro sector que tivo lugar no salón de actos do Circo de Artesáns.