Convenio con Gingko
Novas
Conferencia de prensa Avia Veira convenio As Xubias

Na reunión coa veciñanza, Gingko dálle a razón ao BNG ao afirmar que só se ten que ater ao PXOM e non á súa modificación puntual

Representantes do fondo de investimento suízo Gingko mantiveron este venres unha reunión coa veciñanza das Xubias en relación á transformación urbanística da zona. No encontro, Gingko manifestou que a única norma á que se teñen que ater, á hora de construír, é a do PXOM actualmente vixente e non a da modificación puntual pendente de ser levada a Pleno, mudanza que rebaixa substancialmente a edificabilidade do ámbito.
Ler novas
Vídeo
A instancias do BNG, o Pleno aproba suspender o convenio con Gingko

A instancias do BNG, o Pleno aproba suspender o convenio con Gingko

O convenio con Gingko asinado polo Goberno Local só beneficia os intereses deste fondo de investimento suízo, argumentou a nosa concelleira Avia Veira no #PlenoSetembro.

O Pleno da Corporación aprobou a moción defendida por Veira na que se demandaba a suspensión do convenio e a conclusión da tramitación da modificación puntual do PXOM que rebaixa moi sustancialmente a edificabalidade nese ámbito.

A moción do BNG tivo o apoio do PP e foi votada en contra polo PSOE.

Ler novas