Novas
Sen plans (aínda) no Concello nin para a cocheira nin para os coche tranvía
18/abr./2022
“Non existen polo de agora plans para dito edificio nin para os tranvías”. Esta é a breve resposta do Goberno Local á concelleira do BNG Avia Veira, quen se interesara por saber que usos futuros lle pensa dar o Concello ás cocheiras do tranvía e aos vehículos dun servizo liquidado por acordo da Xunta de Goberno Local realizada o 14 de decembro de 2020.