RESPOSTA A UNHA PREGUNTA POR ESCRITO DE AVIA VEIAR
Sen plans (aínda) no Concello nin para a cocheira nin para os coche tranvía
Veira inquiriu o Executivo coruñés se a Compañía de Tranvías, titular da concesión, entregara xa ao Concello quer as cocheiras quer os vehículos do servizo, por seren estes de propiedade municipal. “As instalacións e os coches xa foron entregados ao Concello”, responde o Goberno Local.
Na pregunta que dá orixe a esta resposta, Veira defende que o gabinete presidido por Inés Rey consulte “co tecido asociativo do barrio” en que se acha a cocheira –Monte Alto- con vistas a determinar o uso futuro deste espazo.