Comisión do Bordo Litoral
Novas
20210707_110429

Escasa disposición do Goberno Local á hora de consensuar propostas sobre o bordo litoral

A Comisión Especial do Bordo Litoral realizou hoxe unha nova reunión no Pazo de María Pita e a conclusión que tira dela a concelleira do BNG Avia Veira é que o Goberno Local ten “pouca disposición” á hora de consensuar cos grupos municipais as súas propostas, en particular aquelas que porá sobre a mesa na vindeira cimeira inter-administrativa (coa Xunta e  o Estado) en relación ao futuro do porto e o deseño da nova fachada marítima da cidade.
Ler novas
Novas
Comisión Especial Bordo Litoral. Avia Veira.

Avia Veira critica a indefinición do Goberno Local sobre a proposta da Xunta para os peiraos

A Comisión Especial do Bordo Litoral reuniuse esta mañá no Pazo de María Pita e no seu transcurso a concelleira do BNG Avia Veira defendeu que o Estado comprometa recursos propios para garantir o enlace ferroviario a Punta Langosteira perante a eventualidade de que finalmente non se materializase a concesión dos fondos Next Generation, ao tempo que criticou o Goberno Local pola súa “indefinición” perante a proposta lanzada pola Xunta sobre os peiraos de Batería e Calvo Sotelo.
Ler novas
Novas
Comisión do Bordo Litoral. 16 de decembro de 2020.

A UDC sobre o porto: temos reservas sobre os usos residenciais

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, celebra que na Comisión do Bordo Litoral realizada esta mañá se constatase a existencia de consenso entre os distintos grupos municipais a respecto de cuestións básicas para a formación nacionalista, tales como que o Estado comprometa fondos para levar a cabo a transformación dos terreos portuarios por unha cantidade equivalente á débeda contraída pola Autoridade Portuaria pola construción da dársena exterior e a imprescindíbel conexión ferroviaria con Punta Langosteira.
Ler novas