colectivo-manteiro
Novas
Venda ambulante na rúa Real

Medidas sancionadoras no canto de integración laboral e social: é a solución da Marea ao colectivo de persoas manteiras?

Diante das 15 sancións a manteiros e persoas que realizan venda ambulante ás que tivo acceso o BNG a través dos decretos de Alcaldía, preguntámonos onde está o proxecto de inserción laboral para este colectivo anunciado polo Goberno da Marea

Tivemos acceso aos libros de resolucións e decretos levados a toma de coñecemento no último Pleno ordinario nos cales se rexistraron, cando menos, 15 decretos de sancións ou propostas de sancións a persoas destes colectivos por “ocupación de vía pública para a venda ambulante non autorizada”

En outubro de 2016 anunciouse moi efusivamente a elaboración dun proxecto que pretendía ofrecer ao colectivo de persoas manteiras e vendedoras ambulantes da cidade unha alternativa laboral para a normalización da súa actividade e ao tempo da súa situación social. Dicíase que se quería «normalizar a súa situación» e «propiciar a súa completa integración a través dunha alternativa laboral», mais pasado xa case ano e medio denunciamos que as únicas medidas que continúan son as sancionadoras e preguntámonos onde están as políticas de integración da Marea Atlántica

Ler novas
Novas
Imaxe da rolda de prensa realizada xunto co Foro Galego de Inmigración e a Asociación Sen Papeis que denunciaba o acoso do PP durante o mandato anterior ao colectivo migrnate

A alternativa do Goberno da Marea son as multas?

Sancionar unha persoa migrante que está a vender na rúa non semella propio dun goberno progresista

O Goberno da Marea Atlántica debería preocuparse máis de traballar nunha alternativa para as persoas que hoxe en día só teñen a venda ambulante como medio para gañarse a vida que de impoñerlles sancións desorbitadas”

Precisamente rexistramos hai unhas semanas unha batería de preguntas escritas, recollendo o malestar de diferentes colectivos que traballan con sen papeis, nas que interrogaban o Executivo Local sobre as intervencións da Policía Local contra o colectivo manteiro, malia que a cidade da Coruña, se incorporou o pasado ano ao Programa PIPE (Programa para a Identificación Policial Eficaz)

Ler novas