Novas
Unha moción para a Casa Museo Emilia Pardo Bazán e a RAG ficaren na cidade
30/nov./2020
Que a Corporación exprese o seu desexo de que a Real Academia Galega e a Casa Museo Emilia Pardo Bazán permanezan na cidade. Ese é un dos propósitos que anima a moción que a concelleira do BNG Avia Veira vai defender no Pleno do vindeiro xoves 3 de decembro. A iniciativa persegue tamén instar a Xunta a que, unha vez restituída a titularidade pública do Pazo de Meirás, reclame a súa cesión ao Estado para o converter nun Centro para a Memoria Democrática da Galiza, sen desbotar por iso que cumpra tamén funcións de recordación da figura da autora de “Los Pazos de Ulla”.