Novas
A bonificación do 100% debe alcanzar tamén os servizos Avant, reclama Néstor Rego na Coruña
21/xul./2022
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, xunto coa representante da Plataforma das persoas usuarias dos trens de Media Distancia e Avant, Reyes Abad, reclaman na Coruña ao Goberno do Estado que rectifique a súa decisión de deixar fóra das bonificacións de 100% o servizo ferroviario Avant media distancia que conecta A Coruña, Santiago de Compostela e Ourense.