Novas
As axudas do bono taxi descenden un 45% per cápita
04/maio/2022
En 2021 houbo na cidade 133 beneficiarias do bono taxi para persoas con mobilidade reducida. En 2022 o número aumentou até as 244 persoas. Mais o diñeiro destinado polo Concello non incrementou na mesma proporción. Mantívose idéntica partida, 155.000 euros. Por tanto, a axuda per cápita descendeu moi significativamente: pasou de 1.165 euros a 635, un descenso do 45%.