Novas
As bibliotecarias continúan sen cobrar, así que o Goberno Local "ten que pasar das palabras aos feitos"
11/xul./2022
No Pleno do pasado xoves o portavoz do Goberno Local, José Manuel Lage, anunciou que o Concello imporía unha penalización a LTM Servicios Bibliotecarios, a concesionaria das bibliotecas municipais, se esta non ingresaba a extra de verán ás súas traballadoras antes das 14 horas do venres 8 de xullo.