Novas
Calquera solución ao futuro do asentamento da Pasaxe ten que pasar pola vía do diálogo
25/nov./2021
Ante a notificación enviada por Demarcación de Costas ás persoas que moran no asentamento de A Pasaxe, segundo a cal terían que o abandonar nun prazo de quince días, o grupo municipal do BNG pídelle ao Goberno Local que defenda a vía do diálogo na perspectiva de evitar a hipótese dun desaloxamento forzoso.