Calquera solución ao futuro do asentamento da Pasaxe ten que pasar pola vía do diálogo

A Pasaxe
Foto: El Ideal Gallego
Ante a notificación enviada por Demarcación de Costas ás persoas que moran no asentamento de A Pasaxe, segundo a cal terían que o abandonar nun prazo de quince días, o grupo municipal do BNG pídelle ao Goberno Local que defenda a vía do diálogo na perspectiva de evitar a hipótese dun desaloxamento forzoso.
Calquera solución ao futuro do asentamento da Pasaxe ten que pasar pola vía do diálogo

A historia dos desaloxos de asentamentos precarios na cidade tennos amosado que as présas produto da presión de axentes externos ao Concello non adoitan seren boas.

Nese sentido, Demarcación de Costas ten de entender que, alén da consideración dos terreos como parte do dominio público marítimo terrestre, estamos a falar de persoas e que calquera solución, por tanto, ten que ser froito do diálogo.

 

Calquera solución ao futuro do asentamento da Pasaxe ten que pasar pola vía do diálogo