O noso #novoBNG xunto co novo Consello Local
Eliximos o novo Consello Local na Coruña en conclusión ao proceso da XVI Asemblea Nacional
Manel Méndez releva a David Pena como portavoz que deixa as súas funcións por motivos de traslado de vivenda fora de Galiza
O noso novo órgano político na localidade fica composto por 16 persoas, 9 mulleres e 7 homes, e define como traballo político prioritario a súa loita contra o espolio da cidade e a devolución gratuíta dos terreos do porto, a necesidade de seguir reclamando a xestión pública municipal do servizo de transporte, a defensa dos barrios, as políticas sociais e de defensa das maioría sociais e as políticas de emprego