Tres anos de mandato
Novas
Rolda Prensa Avaliación Mandato

A vocación do BNG é "ser a alternativa" ante "a ausencia dun proxecto de cidade por parte do Goberno Local"

Ao BNG os tres anos de mandato de Inés Rey merécenlle unha avaliación crítica. Ao Goberno Local faltoulle “impulso”, non achegou á vida municipal nin a estabilidade nin o diálogo que prometía e en todo momento a súa xestión se viu lastrada porque carece dun “proxecto claro de cidade”. Así o considera o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, quen ofreceu unha conferencia de prensa canda a concelleira nacionalista Avia Veira.
Ler novas