57-actuacions
Novas
Momento da rolda de prensa no que David Pena e Avia Veira ensinaban o progreso de execución de obras anunciado para 2016

Ou non hai resposta ou estásenos a tomar o pelo: as actuacións nos barrios seguen pendentes

As respostas do Goberno Municipal ás nosas preguntas (podes velas premendo aquí) a respecto das actuacións que finalmente non foron realizadas pero si prometidas para os barrios en 2016 son patéticas

Coa contestación recibida de porque as intervencións non se fixeron no prazo marcado pola propia concellaría de Rexeneración Urbana, entendemos que se está intencionadamente a non dar resposta porque o Executivo non ten escusa algunha á súa inacción

Queremos pensar que a contestación é ridícula e non unha burla, mais é outra evidencia de como entende a Marea Atlántica a acción de goberno e a relación cos demais grupos: estas actuacións só dependían da súa xestión polo que seguir escusándose na falta de orzamentos cando xa estaban aprobados é mentir, ademais de descubrir que o “Contrainforme”, que supostamente desmentía o noso traballo e elaborado pola concellaría e anunciado por Xiao Varela no Pleno de febreiro, non existe

Desde que presentamos o noso informe téñense completado outras tres actuacións, mais tamén advirtimos que despois de ter acceso ao expediente doutra, que dabamos por feita, aínda esta está en fase de licitación, polo que despois de 9 meses só se teñen completadas 5 das 57 actuacións prometidas para 2016

Ler novas