O Consello Local do BNG
O Consello Local é o máximo órgano de dirección do BNG na localidade e ostenta a representación pública do BNG. O BNG estrutúrase territorialmente en comarcas e localidades. E a Asemblea Local é o órgano básico da organización territorial do BNG debendo estar toda persoa afiliada ao BNG encadrada nunha asemblea local. Naquelas localidades onde a dimensión organizativa do BNG e as necesidades de traballo así o demandaren, constituíuse un Consello Local. Na actualidade, o Consello Local da Coruña está composto por 16 compañeiras e compañeiros. Despois da XVI Asemblea Nacional, a Asemblea Local da Coruña, reunida o 1 de xuño de 2017, elixiu ás seguintes compañeiras e compañeiros membros do Consello Local do BNG na Coruña:
- Manuel Francisco Méndez López, Responsábel-Portavoz Local, Novo Mesoiro.
- Raquel Olveira Vilela, Vicerresponsábel Local, Monte Alto.
- Luís Manuel Busto Antelo, O Birloque-Martinete.
- María Xosé Bravo Sanxosé, Monte Alto-As Lagoas.
- Xosé Manuel Casais Montemuíño, Os Rosais-Labañou.
- María Calvo Gorgal, Labañou.
- Florentino Fernández Vázquez, Os Castros.
- María do Carme Fiaño Gándaras, O Castrillón-Monelos.
- Antón Xoxé Laxe Bermúdez, O Ventorrillo-Agra do Orzán.
- Marisol Mirás Mouro, Paseo das Pontes-Agra do Orzán.
- Ándré López Blanco, A Falperra.
- María Isabel Martínez-Risco Valdivieso, O Ensanche-Centro.
- Anxo Sánchez García, Elviña.
- Iolanda Naia Ferreiro, Responsábel de Acción Feminista, Os Mallos.
- María Xesús Seixo García, Matogrande.
- Avia Veira González, Concelleira do BNG, Monte Alto.