En vez de "fan de María Pita", o Goberno municipal demostra ser "fan do lixo"

En vez de "fan de María Pita", o Goberno municipal demostra ser "fan do lixo"

A Coruña, 2 de agosto de 2013.- En lugar de “fan de María Pita”, o lema das festas de 2013 debería de ser “fan do lixo” dado o desleixo do Goberno municipal no conflito laboral creado por Albada (que se nega a readmitir os despedidos e que pretende incrementar a xornada laboral e desmantelar o convenio colectivo) e que levou os traballadores da planta de Nostián a convocar a folga indefinida. As nacionalistas insisten en que o Goberno do Sr. Negreira debe emprazar a concesionaria municipal a desistir de acometer recortes laborais. Albada, que persegue incrementar beneficios por conta de recortarlles dereitos aos traballadores, rexistrou un incremento na facturación do canon do lixo no primeiro trimestre do 2013 en máis de 100.000 euros respecto do mesmo trimestre do 2012. Ademais, o grupo ao que pertence, Urbaser acadou máis de 146 millóns de euros en beneficios no 2011.

As nacionalistas consideran o Goberno municipal cómplice do estado nauseabundo en que se atopan as rúas da Coruña, onde as bolsas do lixo se amorean cada poucos portais. É cómplice, tamén, da fraude da reciclaxe na planta de Nostián xa que, tal e como denunciaron os traballadores, apenas se recicla. O Goberno do Sr. Negreira impediulles o acceso á planta de Nostián ás concelleiras do BNG e impediulles tamén o acceso ao resultado das auditorías técnica e económica de Albada para tratar de agochar esta estafa social.

 

 

 

O Grupo Municipal do BNG pregúntase a que espera o Goberno municipal para mediar en defensa dos dereitos dos traballadores desta concesionaria municipal e rematar, así, coa folga que se viron obrigados a convocar.

En vez de "fan de María Pita", o Goberno municipal demostra ser "fan do lixo"