O Sr. Negreira xa está en campaña e anuncia o que non fixo en 3 anos
A Coruña, 17 de setembro de 2014- A rehabilitación integral da Rolda de Outeiro é unha nova evidencia de que o alcalde xa está en campaña electoral e anuncia o que non fixo ao longo destes tres anos, advirte o Grupo Municipal do BNG. Despois do anuncio dun centro cívico en Catro Camiños e dun centro de saúde no mercado de Santa Lucía, o Sr. Negreira anunciou na mañá de hoxe a rehabilitación da Rolda de Outeiro. As nacionalistas ironizan coa coincidencia destes tres anuncios cando está tan próxima a celebración dos comicios municipais.
Pola outra banda, o Grupo Municipal do BNG acusa o Goberno do Sr. Negreira de facer que fai gastando cartos públicos. E é hai tan só uns meses acometeu a reforma dunhas beirarrúas, precisamente, na Rolda de Outeiro, concretamente no tramo que pertence ao barrio da Agra do Orzán.