O Sr. Negreira recoñece que no Ofimático fai todo a demanda dos grandes promotores
A Coruña, 14 de xaneiro de 2015.- As palabras do alcalde respecto á que a execución do proxecto de urbanización do Ofimático se fai en base á demanda que se vai tendo veñen a recoñecer que no Ofimático se fai todo a demanda dos intereses dos grandes promotores e de Xestur. Este é o motivo da diferenza de trato que o Goberno Local dá ás grandes promotoras e a Xestur (moi beneficiadas no Plan Parcial) respeto da veciñanza de Elviña (despexada á forza das súas casas ou pendente de o ser).
O BNG lembra que desde que goberna o Partido Popular todo o que se fai no Ofimático é para gusto e antollo dos grandes promotores e en prexuízo da veciñanza. Abonda, salientan as nacionalistas, con pór como exemplo a última modificación do Plan Parcial na que se estimaron case a totalidade das alegacións das promotoras (Construcciones Atocha 2006, Promocións Toural, Asociación Parque Ofimático 2010, Construcciones y Promociones Riazor, Inversiones Parque Ofimático e Urbanizadora Herculina) e de Xestur (Xunta de Galiza), mesmo algunhas fóra de prazo, de modo que se melloraron a ordenación das súas parcelas, a diferenza do que aconteceu coas alegacións presentadas pola veciñanza de Elviña. Esta é a razón polo que se evidencia este trato distinto por parte do Goberno Local no Ofimático.