Solicitamos a restitución dun xogo infantil no parque do Ventorrillo

Solicitamos a restitución dun xogo infantil no parque do Ventorrillo

Vimos de presentar unha iniciativa (preme aquí para vela) a respecto da situación dos xogos infantís na contorna do parque de Ventorrillo.

Xa que logo denunciamos que neste parque infantil, onde habia un xogo para crianzas, existe na actualidade un valado no seu lugar, asegurado cunha cinta, e como protección ao espazo que ocupaba ese xogo, tal e como podemos ver na foto que nos achegou a veciñanza.

Presentamos unha iniciativa para o próximo Pleno na que se solicita a restitución dun xogo infantil retirado hai máis dun mes

Valado ao redor de onde estaba o xogo infantil e que pode resultar perigoso para as nenas e nenos que usan o parque

E foi precisamente a veciñanza do barrio a quen nos trasladou que esta situación acontece desde hai máis dun mes, e que veu motivaba pola reparación do elemento.

Ademais, as veciñas e veciños da zona,  transmitíronos a súa preocupación por considerar o valado de separación non moi axeitado para a protección do espazo e potencialmente perigosa ante a posibilidade de que algunha crianza poidera danarse. Consideramos que xa pasou tempo de abondo para proceder á súa reparación, polo que cremos que a restitución debería realizarse canto antes.

Deste xeito, e para o vindeiro Pleno, solicitamos do Goberno municipal  a restitución do xogo infantil, a maior brevidade posíbel.

A Coruña, 1 de xuño de 2016

Solicitamos a restitución dun xogo infantil no parque do Ventorrillo