Só homes e camisolas rosas: o PP retrocede na loita contra a desigualdade

Só homes e camisolas rosas: o PP retrocede na loita contra a desigualdade

carreira mullerA Coruña, 19 de setembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG acusa o Goberno do Sr. Negreira de camiñar, unha vez máis, contra a igualdade entre homes e mulleres. Desta vez, o retroceso na loita pola igualdade produciuse na presentación da Carreira da Muller, que se vai celebrar este domingo. Na presentación desta carreira de mullerese participaron só homes –o concelleiro de Deportes e representantes das empresas organizadoras-, que portaron as camisolas conmemorativas de cor rosa e co lema “Hoy ganan las chicas”.

Para o Grupo Municipal do BNG esta posta de escena patética amosa a falta de sensibilidade do Partido Popular coas mulleres e unha salada de estereotipos constantemente reproducidos polo patriarcado. Nesta liña, as nacionalistas denuncian que a presentación desta carreira é unha pose que carece de todo compromiso coa igualdade. Sinalan ademais que a igualdade para o PP é manter as mulleres no eido doméstico e impedirlles a autonomía. Así o demostran as leis que aproba o PP desde as Administracións que goberna, como o caso da Lei da Familia, da ILP da Red Madre asumida polo Goberno de Feijóo. Tamén alude o BNG á terríbel lei antiabortista formulada por Gallardón.

 

Só homes e camisolas rosas: o PP retrocede na loita contra a desigualdade