Carril escoita @s praceir@s do mercado de Santa Lucía, cuxos postos van ser pechados
A Coruña, 19 de setembro de 2014.- O portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, mantivo na tarde de hoxe unha reunión con praceiros e praceiras do mercado de Santa Lucía, que lle transmitiron a súa preocupación polo peche dos seus postos e, en consecuencia, pola perda dos empregos tanto directos como indirectos que ese peche vai conlevar.
Esta preocupación faise maior tendo en conta que o Goberno do Sr. Negreira non lles ofrece ningunha alternativa real, viábel e de futuro, nin a curto nin a medio prazo.