O prezo do bus seguirá subindo mentres o PP non revise a concesión da Compañía de Tranvías

O prezo do bus seguirá subindo mentres o PP non revise a concesión da Compañía de Tranvías

busesA Coruña, 17 de novembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que as tarifas do bus se encareceron coa chegada do Partido Popular á Alcaldía da Coruña. Así, o prezo do bus subiu hai dous anos, subiu o ano pasado, subiu este ano e subirá o que vén mentres non se revise a fórmula perversa para o cálculo da tarifa.

O Grupo Municipal do BNG leva demandando desde hai tempo, a través da canle institucional como con campañas a pé de rúa, a revisión da concesión da Compañía de Tranvías e mais a revisión da fórmula polinómica para o cálculo das tarifas.

Á vista de que o PP segue a renunciar a revisar a concesión e mais a fórmula de cálculo do billete, resulta comprensíbel que os orzamentos de 2014 recollan unha transferencia corrente de 7,5 millóns de euros para a Compañía de Tranvías, cantidade que vai resultar insuficiente. A Intervención do Concello advirte no seu informe (páx 14) de que “non existe xustificación de que vaia ser suficiente para dar cobertura ás obrigas que se devenguen en 2014 por este concepto”.

 

O prezo do bus seguirá subindo mentres o PP non revise a concesión da Compañía de Tranvías