O BNG advirte de disparos de cazadores nun coto moi próximo a Novo Mesoiro
A Coruña, 17 de novembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG faise eco das denuncias da veciñanza de Novo Mesoiro, que se puxo en contacto coas nacionalistas para advertir do perigo á que se ve sometida dados os disparos que se producen a escasos metros dos seus fogares, no coto de caza próximo ás vivendas. Precisamente, o pasado xoves, veciños e veciñas do barrio alertaban de novos disparos.
Neste contexto, o Grupo Municipal do BNG presentará unha serie de preguntas para a resposta escrita co fin de que o Goberno do Sr. Negreira garanta a seguridade das persoas que viven en Novo Mesoiro en relación ao coto de caza. Ademais de preguntar polas medidas que prevé tomar o Goberno do Sr. Negreira, as nacionalistas preguntarán polos motivos que levan o PP a ignorar a preocupación e as reiteradas queixas que leva formulando a veciñanza.