O PP tomba a moción do BNG que pedía a gratuidade do servizo de salvamento marítimo

O PP tomba a moción do BNG que pedía a gratuidade do servizo de salvamento marítimo

A Coruña, 14 de xaneiro de 2012.- O Goberno municipal nin sequera permitiu esta mañá o debate da moción do Grupo Municipal do BNG sobre o servizo de salvamento marítimo e dos seguros por mal tempo ou accidentes no mar, elaborada, conxuntamente, con profesionais do sector.

As nacionalistas pedían nesta moción instar o Pleno a solicitarlle á Xunta de Galiza a derogación do Decreto 130/2012, do 31 de maio, para estabelecer o carácter gratuíto e universal das operacións de salvamento do Servizo de Gardacostas de Galiza. Solicitaban tamén rescatar a venda dos helicópteros de salvamento marítimo "Pesca I" e "Pesca II" para que volvesen ser de titularidade pública e para garantiren o cumprimento dos tempos de resposta estabelecidos (máximo de dez minutos) as 24 horas dos 365 días do ano. Ademais de reclamar a recuperación do Seguro Colectivo de Accidentes no Mar e o Seguro do mal tempo, o BNG solicitaba garantir o envío dun buque de apoio loxístico e asistencia sanitaria á frota pesqueira que se desprazará á vindeira campaña do bonito do 2013.

Pola outra banda, o PP votou en contra da moción presentada polo Grupo Municipal do BNG sobre Someso e da moción para o uso do software libre no Concello da Coruña. O Goberno municipal, a través da concelleira de Facenda, fixo unha defensa a ultranza do software privativo, ao que indentificou cun Ferrari "lleno de gasolina", e tratou de desprestixar o software libre, ao comparalo cunha bicicleta.

 

 

O PP tomba a moción do BNG que pedía a gratuidade do servizo de salvamento marítimo