O PP quere o traslado de Repsol ao porto exterior para vender os terreos do peirao e facer caixa
A Coruña, 21 de novembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG considera que o posicionamento do Goberno do Sr. Negreira e da Autoridade Portuaria sobre o traslado de Repsol a Punta Langosteira non responde a motivos medioambientais, senón a unha chantaxe. chantaxe é o resultado de que Goberno municipal e Autoridade Portuaria non chegaron a ningún acordo sobre a indemnización económica esixida por Repsol para o traslado (nun principio, Repsol reclamaba 250 millóns). Nin o Goberno municipal nin a Autoridade Portuaria queren que Repsol marche para Langosteira para poder desafectar os peiraos, vendelos e facer caixa.
Os nacionalistas lembran que a concesión de Repsol no porto remata no 2027 e que este prazo foi acordado pola propia Autoridade Portuaria o 30 de marzo de 2000 (acordouse entón ampliar a concesión a un terceiro pantalán e que se unificaran as concesións anteriores).
De ter preocupacións ambientais o PP, o Goberno municipal non tramitaría como tramitou o PXOM no referente á refinaría. E é que o Sr. Negreira desbotou un informe técnico encargado polo propio Goberno en que se alertaba dos perigos da refinería e en que se impuñan restricións nunha vintena de desenvolvementos urbanísticos por mor da servidume da refinaría.