O PP dilapida 1,6 millóns nun plan externalizado de intervención de edificios municipais

O PP dilapida 1,6 millóns nun plan externalizado de intervención de edificios municipais

A Coruña, 19 de abril de 2013.- O Grupo Municipal do BNG considera unha irresponsabilidade e o descaro do Goberno do Sr. Negreira ao contratar servizos externos ao Concello cos cartos da cidadanía, unha práctica que o Partido Popular está a converter en habitual na cidade. Precisamente, esta mañá o Sr. Negreira aprobaba en Xunta de Goberno Local a contratación dun plan de intervención dos 144 edificios municipais por máis de 1,6 millóns, para pagar en tres anos.

As nacionalistas advirten do despropósito deste tipo de contratacións externas, máxime existen técnicos municipais con suficiente formación como para poder desenvolver este tipo de labores.

 

 

O PP dilapida 1,6 millóns nun plan externalizado de intervención de edificios municipais