O PP deu a dedo unha carroza a maiores á empresa gañadora do concurso con irregularides
A Coruña, 20 de abril de 2013.- O Grupo Municipal do BNG denuncia queo Goberno do Sr. Negreira deu a dedo unha carroza a maiores dacabalgata de reis á empresa que xa gañara o concurso da cabalgata de2013 con irregularidades e que tamén se fixera coa cabalgata do 2012.Trátase, tal e como pode comprobarse no documento que se achega, dunha carroza contratada pola Concellaría de Emprego e Turismo,concretamente, pola área de Comercio, e o seu custo ascendeu a 11.410,30 euros.
Así, VS1 Producción Creativa faise con case 12.000 euros máis porconta do Concello da Coruña. Esta empresa resultara gañadora doconcurso da cabalgata de 2013 por un importe de 51.919,01 euros, malianon ser a oferta económica máis vantaxosa, ao contrario do xustificadono seu día polo Goberno municipal. De feito, tal e como denunciara oBNG, a oferta de VS1 Producción Creativa era un 30% máis cara que aoutra empresa C.A. Totality Group SLU. É máis, o Goberno municipalchegara a valorar con 0 puntos o criterio de aforro de custos daempresa que ofertaba a proposición máis barata.
O Grupo Municipal do BNG advirte de que a sociedade VS1 ProducciónCreativa, á que se lle adxudicaron a cabalgata de reis e unha carrozaa maiores por conta de Comercio, creouse en xuño de 2012, con CarlosLópez Ríos como único socio. É a mesma persoa á que se lle adxudicarao contrato da cabalgata de 2012, por 62.498,97 euros, a cabalgata deSan Xoán de 2012, por 35.057,80 euros e mais o polémico poboado lapón,por 72.479 euros. En total, só cos datos aos que tivo acceso o BNG,esta mesma persoa levou, como mínimo, 233.365,08 euros en contratos coGoberno do Sr. Negreira.
As nacionalistas pídenlle explicacións ao Goberno municipal por estesfeitos e denuncian, unha vez máis, o dispendio das actividades deNadal do Goberno do Sr. Negreira, máis dado en gastar os cartospúblicos en espectáculos circenses que no benestar do pobo. Lamentanque o Sr. Negreira non sexa austero á hora de enriquecer sempre asmesmas empresas.