O BNG lembra que o alcalde prometera iniciar as obras na fábrica de tabacos en xaneiro deste ano

O BNG lembra que o alcalde prometera iniciar as obras na fábrica de tabacos en xaneiro deste ano

A Coruña, 19 de abril de 2013.- O Grupo Municipal do BNG advirte dos incumprimentos o alcalde en relación aos prazos prometidos na execución das obras de rehabilitación da fábrica de tabacos, obras que, como anunciara o Sr. Negreira, estaban previstas para xaneiro de 2013. As nacionalistas sinalan que a Xunta de Galiza consignou, tan só, 1 millón de euros, cantidade insuficiente e que non se corresponde coa perda de patrimonio municipal da Coruña. E é que o Sr. Negreira lle regalara o edificio á Xunta de Galiza a cambio de nada.

Precisamente esta mañá a Xunta de Goberno Local aprobou outorgar a licenza de obra á Consellaría de Presidencia para comezar a rehabilitación da fábrica de tabacos. As nacionalistas poñen de manifesto que Patrimonio informa favorabelmente da obra, mais esixe un proxecto de consolidación para conservar os restos arqueolóxicos descubertos.

 

O BNG lembra que o alcalde prometera iniciar as obras na fábrica de tabacos en xaneiro deste ano