Pokemon: BNG pide que Negreira diga se é certo ou non que tiña coñecemento dos feitos
A Coruña, 17 de marzo de 2015- En relación ás declaracións do Sr. Negreira sobre o último auto da xuíza de Lara enmarcado na operación Pokemon, o Grupo Municipal do BNG sinala que non lle está pedindo ao alcalde que valore o citado auto, senón que diga se é certo ou non que tiña coñecemento das actuacións dos seus concelleiros, sinaladamente do Sr. Flores, como axente de colocación de emprego de 46 persoas. A propia xuíza así o afirma no auto cando di que actuaba a modo de agencia de colocación de empleo, función que desde luego, no corresponde a los Ayuntamientos.
As nacionalistas critican que o Sr. Negreira teime en non dar a cara, como fixo nas dúas sesións plenarias 14 de xaneiro de 2014 e 10 de marzo de 2014- nas que o BNG formulou dúas preguntas orais, expresamente dirixidas ao alcalde, sobre o caso Pokemon. Daquela, o alcalde escudouse nos seus concelleiros para non dar conta dos feitos e, un ano despois, segue sen responderlle ao Bloque se é certo ou non que coñecía os feitos que recolle o auto. Precisamente, o último auto da xuíza sinala que tal como se desprendía de alguna conversacion telefónica, el concejal Julio Flores no actuaría aisladamente, sino que lo haría con el posible conocimiento y consentimiento de sus compañeros de gobierno, incluido el propio alcalde, Carlos Negreira.