Pecha a Sala O Túnel?

Pecha a Sala O Túnel?

A Coruña, 5 de febreiro de 2015- O Grupo Municipal do BNG vén de presentar unha pregunta para a resposta escrita con fin de saber se o Goberno do Sr. Negreira ten previsto pechar O Túnel como sala de concertos municipal. As nacionalistas formulan esta iniciativa despois de que o grupo musical La Fuga anunciase na súa páxina web (http://www.lafuga.net/) o cambio de emprazamento do concerto previsto para o día 14 de febreiro no local municipal dado que “nos comunican o cese de actividade para concertos na sala O Túnel”.

Ao BNG non lle estrañaría que o Goberno do Sr. Negreira lle botase o peche a este espazo municipal despois da redución até niveis mínimos da actividade. A diminución de concertos é tal que impide poñer en valor esta sala para concertos de formato medio, denuncian as nacionalistas.

Pecha a Sala O Túnel?