Os orzamentos xerais renuncian á creación de emprego
A Coruña, 1 de outubro de 2014.- Os orzamentos xerais do Estado para o 2015 renuncian á creación de emprego e á dinamización da economían na cidade da Coruña e na comarca, alén de aprofundar na súa incomunicación. Renuncian á creación de emprego e á dinamización da economía, dado que prescinden totalmente da ría do Burgo, algo que evidencia que a moción sobre a ría aprobada polo Partido Popular no pleno de setembro de 2011, que non contou co voto do BNG, era un paripé e amosaba o nulo interese da Xunta de Galiza e o Estado na ría do Burgo, e así o confirman estes orzamentos para 2015. Estas contas xerais tampouco apostan pola cohesión social da comarca, nin da área metropolitana, dado que renuncian á posta en marcha do tren de proximidade para solventar a necesidade dos desprazamentos en chave social.
O nulo interese, máis unha vez, sobre a ría do Burgo, reflictida nos orzamentos do Estado con 0 euros consignados, mostra que o Partido Popular renuncia a apostar polo potencial da ría como motor de rectivación económica e de creación de postos de traballo na nosa cidade e na nosa bisbarra, sinalan as nacionalistas, que denuncian a ofensa, o desprezo e o abandono do colectivo de mariscadoras. Isto pon en evidencia que a moción sobre a ría aprobada polo Partido Popular o 12 setembro de 2011 era un paripé e amosaba o nulo interese da Xunta de Galiza e o Estado na rexeneración e recuperación da ría. Moción esta que contou coa abstención do Bloque Nacionalista Galego por non contemplar nin prazos de execución, nin partidas orzamentarias para a rexeneración e recuperación da ría, como así o confirman, máis unha vez, os orzamentos xerais do Estado.
Ademais, as contas xerais do Estado tamén evidencian a falta de compromiso do Partido Popular na cohesión social da comarca e da área metropolitana, xa que se renuncia á posta en marcha dun tren de proximidade para solventar a necesidade dos desprazamentos en chave social. Lembran as nacionalistas que crear unha rede de proximidade non implica ningunha obra farónica, só se trata de darlle servizo a infraestrutura coa que xa contamos, en chave de optimodalidade, é dicir, aproveitando e potenciando as infraestruturas xa existentes. Mais o PP permite que sigamos incomunicados, rexeitando a ter unha rede ferroviaria que conecte os distintos puntos da comarca e que axude a dinamizar e vertebrar o territorio.