Operación Zeta: Os lobbies do PP actuaban a instancias do que lles dicía o partido
A Coruña, 27 de outubro de 2014.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego salienta que os grupos de presión (ou lobbies) do Partido Popular, que o apoiaron antes na oposición e agora no Goberno Municipal, están implicadísimos na operación Zeta e semella que non actuaban por libre, senón a instancias do que lle dicía o Partido Popular da Coruña.
O sumario da operación Zeta recolle unha serie de entidades da cidade, algunhas delas estruturas baleiras de actividade asociativa como sinala o informe de conclusión finais da Unidad de Delincuencia Económica y Fiscal (UDEF) da Policía ou farsas ou montaxes sen apenas asociados ou con apariencia dunha maior representatividade da que realmente teñen, que se significaron polo seu apoio ao Partido Popular, quer na oposición, quer no Goberno, e que aparecen no sumario como entidades que recibían fraudulentamente dinero público escamoteando el destino por el que había sido concedido. En concreto, os seus presidentes ou xestores son destacados militantes ou simpatizantes do Partido Popular caso do propio Gerardo Crespo de FUNDEFO e AED, entre outras, Hector Cañete da Asociación provincial de Hostelaría e a Confederación de empresarios de Hostelaría de Galicia, Juan Sáenz Chas da Federación de Asociacións de Veciños Salvador de Madariaga, Eliseo Calviño de Caype, Francisco Javier Pérez Bello da Federación de Autónomos de Galicia que presuntamente, como sinala o informe de conclusións da UDEF, foron algunhas das persoas que teceron un sistema organizado e coordinado para conseguir fondos públicos, falseando requisitos, condiciones y documentos con tal fin, y una vez obtenidos estos fondos, malversándolos con pactos ilícitos entre los mismos para su reparto y su posterior uso privativo, contraviniendo directamente la Ley 38/2003, General de Subvenciones.
A ollos do BNG, semella que estes líderes de opinión e supostos representantes de distintos sectores que van desde o veciñal até o empresarial non actuaban por libre. E é que tentaban enganar o pobo, facéndose pasar como interlocutores válidos dos seus ámbitos ao tempo que lanzaban distintas opinións que non eran máis que posicionamentos do Partido Popular.
As nacionalistas sinalan que o propio sumario detalla, en distintas e múltiples conversas, mensaxes, correos electrónicos e documentación, a fluída relación existente entre estes supostos representantes destas entidades pantalla e os dirixentes do Partido Popular da Coruña, como por exemplo, entre outros, as mensaxes SMS entre Crespo e o Sr. Negreira e ordes do día de reunións entre ambos; as mensaxes entre Saénz Chas e Crespo que corroboran que o Partido Popular creou unha rede clientelar de asociacións de veciños e veciñas paralela ao asociacionismo veciñal da cidade ou a conversa entre ambos na que mostran o interese de Flores en mudar a xunta directiva do Circo de Artesanos; ou a carta persoal e confidencial do vicepresidente en funcións de presidente da FEAGA, Pérez Bello dirixida a Feixoo, en maio de 2010, solicitando a intercesión do Presidente da Xunta de Galiza para que non eliminen a Caype da certificación de suficiente implantación no eido estatal, e na que mostra a identificación da Federación co Partido Popular (achégase dixitalizado toda esta documentación).