Nova chapuza urbanística: a rehabilitación do Boandanza non cumpre a normativa
A Coruña, 1 de novembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que a rehabilitación do edificio Boandanza de Cáritas, por valor de 1.442.258,56 euros, que asumirá, por enteiro, o Concello da Coruña, é unha nova chapuzada do Goberno do Sr. Negreira. E é que o proxecto aprobado polo goberno municipal, na actualidade en período de licitación, non cumpre coa normativa urbanística, tal e como revelan os nacionalistas.
En primeiro lugar, a memoria do proxecto aprobado declara que trátase de obras de reestruturación parcial, mais, en realidade, son obras de reestruturación xeral. Isto é porque proxéctase o baleirado total do edificio, mesmo afectando parcialmente a súa estrutura interior.
Tal e como recolle a memoria, Se trata de la transformación de un edificio existente, que actualmente funciona como centro de atención social de Cáritas Diocesana, para su adaptación a un nuevo uso combinado de Centro de Día y Hogar Social. Para encajar ambos programas en un solo inmueble se hace necesaria una profunda transformación a nivel distributivo e incluso estructural, ya que no es posible mantener el actual esquema de circulaciones verticales ni el interesante patio central de que dispone el edificio. Por ello se procederá a un vaciado total del interior, conservando tan solo la envolvente sin las carpinterías metálicas, el entramado estructural y la mayor parte de los forjados. La demolición conllevará la eliminación incluso de la caja del ascensor, las rampas de escalera y el cerramiento del patio, amen de aquellas áreas de forjado donde sean necesarios huecos para el paso de nuevas cajas de escalera, ascensores e instalaciones.
Os nacionalistas lembran que o art. 1.4.8.3.d.2) do PXOM vixente determina, respecto das obras de reestruturación xeral que "tendrán este carácter todas aquellas obras en los edificios que excedan de lo anteriormente expuesto, siendo consideradas de reestructuración total en el caso de vaciado del edificio con mantenimiento de fachada recayente a vía o a espacio libre de uso público. Las obras de Reestructuración General se someterá a las condiciones de obra de nueva edificación".
Así, ao tratarse dun baleirado integral do edificio Boandanza, as obras son de reestruturación xeral, e, polo tanto, deberían someterse ás condicións que o PXOM estabelece para as obras de nova edificación (entre elas, a dotación mínima de prazas de aparcadoiro); condicións que non cumpre o proxecto aprobado polo goberno. E o Goberno municipal, sabedor disto, di, falsamente, que as obras son de reestruturación parcial. Esta mentira, advirten os nacionalistas, ten a finalidade de eludir o cumprimento do art. 1.4.8.3.d.2) do PXOM.
O BNG lembra tamén ao respecto que o edificio actual está en situación de réxime de fóra de ordenación (dato que se omite no proxecto), polo que, de acordo co PXOM, as obras de reconstrución non poderían afectar a máis do 50% da superficie, e, sen embargo, o proxectado afecta á totalidade do inmoble.
Incumprimentos do proxectado respecto das condicións de obra de nova edificación
O Grupo Municipal do BNG tamén detecta incumprimentos do proxectado no que respecta ás condicións de obra. A máis transcendente é a dotación de prazas de aparcadoiro. E é que o edificio proxectado ao igual que o existente carece de prazas de aparcadoiro, xa que a planta de soto vai ser destinar a instalacións. E o PXOM (art. 5.2.6.1.b.4), referido aos equipamentos asistenciais, determina que "Se reservará una plaza de aparcamiento por cada cien metros cuadrados (100 m2) o fracción de instalación de nueva planta". O edificio, en consecuencia, ao proxectarse 1.303 m2 de superficie construída (excluída a planta soto) debería ter un mínimo de 13 prazas de aparcadoiro e, pola contra, non vai ter ningunha.
O proxecto tamén incumpre a altura mínima libre da planta baixa e a altura mínima desde o corpo voado á rasante da beirrarúa (que o PXOM establece en 4 metros e no edificio é de 3,30 metros).
Incumprimentos da normativa de centros de atención a persoas maiores
Ademais, os nacionalistas denuncian que no edificio proxectado as plantas terceira, cuarta e baixo cuberta vanse destinar a fogar da terceira idade (as plantas de soto, primeira e segunda, para centro de día). Este reparto incumpre o apartado 5.A) da Orde de 18/04/1996 (DOG 06/05/2006), de requisitos dos centros de atención a persoas maiores, que determina, respecto dos fogares de maiores (Condicións materiais e arquitectónicas) que Os locais ou edificios que alberguen estes centros deberán estar situados preferentemente en planta baixa ou primeira con fácil acceso ao exterior.
De feito, no proxecto, no apartado do proxecto relativo ao cumprimento da normativa galega de requisitos dos centros de atención a persoas maiores, recoñecese dito incumprimento..
No novo PXOM o edificio non se cualifica como dotacional
Por último, no que respecta á cualificación urbanística, o Grupo Municipal do BNG explica que segundo o novo PXOM, o aprobado provisionalmente en agosto de 2012, o edificio non está cualificado como dotacional. A cualificación urbanística no PXOM aprobado de xeito provisional en agosto é de uso residencial, cando o procedente tería sido cualificalo de dotacional.